Antón Rey presenta en Lugo a reedición do seu poemario 'Son galego'

O escritor porteño Antón Rey presentará o vindeiro xoves 17 de xullo ás 20:00 horas na Taberna Cultural A Despensa do Saa de Lugo a reedición do seu libro 'Son galego', un poemario que fora publicado inicialmente no ano 2002 en Bos Aires.
Con esta obra, o autor recupera o uso oral e escrito do idioma galego que o seu avó trasladou á Arxentina cando emigrou desde San Xián de Torea, no concello de Muros, no ano 1927.
A reedición desta obra poética supón para Antón Rey un xeito de manter viva a lingua e a memoria herdada da súa familia, reflectindo nas súas páxinas a pegada da emigración e a identidade galega desde a outra beira do Atlántico.