Anuncian o inicio da reparación das beirarrúas do Camiño da Roca

O Edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo planifica a reparación da beirarrúa do Camiño da Roca, no barrio das Gándaras. Penas explicou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos traballando ma mellora dos espazos públicos, planificando diversas intervencións base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza".
Nas vindeiras semanas comezarán os traballos, que abarcan un tramo de beirarrúa, dunha lonxitude de 108m, e dun ancho de 3m, ademáis da conexión entre as dúas beirarrúas paralelas, nunha rampla de 4m de ancho. Os traballos consistirán na demolición das baldosas actuais e dispoñer unha capa de formigón ruleteado, reforzado con fibras estruturais, cun espesor de 15 centímetros.
A Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do asfaltado, garantindo que a solución aplicada dure o máximo tempo posible en bo estado. Penas destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa mellora das rúas da cidade.