Anxo Moure actúa no Bosque Máxico de Bonxe polo Samaín
Este xoves 31 de outubro, o Bosque Máxico de Bonxe, en Outeiro de Rei, será escenario da celebración especial do Samaín. A xornada comezará ás 17:30 horas coa presenza do recoñecido contacontos Anxo Moure, quen levará aos asistentes a través dunha viaxe máxica chea de relatos e fantasía.
A partir das 19:00 e hasta ás 21:00 horas, o bosque iluminarase nunha experiencia única, onde os asistentes poderán desfrutar dunha ambientación especial de Samaín. Ademais, os que asistan caracterizados participarán nun sorteo para ganar unha noite no Tipi do Bosque Máxico, ofrecendo unha oportunidade de vivir una noite inesquecible en contacto coa natureza.
A entrada ten un prezo de 5 euros por persoa.
Para reservas e máis información, os interesados poden comunicarse ao teléfono 652 225 403.