Apagado un lume que estivo activo 24 horas en Palas de Rei

LugoXa
Para a súa extinción mobilizáronse 16 axentes, 21 brigadas, 23 motobombas e 1 pa
brigada-incendios-a-pastoriza
20 sep 2024

Ás 20.20 horas de onte quedou extinguido o lume que se iniciou no concello lucense de Palas de Rei e que chegou tamén territorio do veciño municipio coruñés de Toques. O lume rexistrouse ás 23.32 horas do mércores e finalmente afectou unha superficie de 36,66 hectáreas, das cales 31,16 correspóndense con monte raso e as restantes 5,5 con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse 16 axentes, 21 brigadas, 23 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

0.2027370929718