Aprazado o mercadiño ao sábado pola visita do Rei
LugoXa
O mercadiño previsto para mañá, venres, en Frigsa trasladase ao sábado debido ás medidas de seguridade pola visita do Rei Felipe VI.
4 Maio 2023
O mercadiño previsto para mañá, venres, en Frigsa trasladase ao sábado debido ás medidas de seguridade adoptadas pola chegada o xefe de Estado, o Rei Felipe VI.
A fin de que a actividade económica desenvolta neste entorno mercantil non se vexa prexudicada, o Concello acordou que se celebre un mercado extraordinario o sábado día 6 de maio no horario habitual.
O Rei visitará mañá pola mañá as instalacións do auditorio no transcurso do acto principal do Tour do Talento que se desenvolve estes días en Lugo.