Aprobada a peonalización da rúa Rafael de Vega de Lugo

LugoXa
O Goberno de Lugo vén de aprobar o proxecto, que sairá a licitación por 285,842.99€ e un prazo de execución de 6 meses
rafael de vega visita arroxo peonalizar
13 Nov 2021

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo aprobou o proxecto para peonalizar a rúa Rafael de Vega, onde se construirá unha nova zona peonil para o desfrute das veciñas e veciños da zona. Arroxo afirmou que “durante a elaboración deste proxecto mantivemos xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa e gañar unha nova zona peonil”.

O Goberno de Lugo aprobou iniciar o procedemento de licitación desta actuación, que terá un orzamento máximo de 285.842,99€ e un prazo de execución de 6 meses.

"Trátase dunha zona con moita poboación pero que non conta con zonas verdes nin peonís amplas", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "con esta humanización conseguiremos un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18416786193848