Aprobada a renovación do alumeado das rúas Montirón e Mapoula

LugoXa
Estas rúas contan actualmente con luminarias que teñen xa máis de 20 anos que serán substituídas por luminarias LED de baixo consumo.
renovacion alumeado montiron mapoula
19 Out 2021

O tenente Alcalde e concelleiro responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo aprobará mañá a contratación da obra de renovación a rede de alumeado público nas rúas Montirón e Mapoula, no treito que vai da rúa San Roque á Ronda das Mercedes. Rubén Arroxo explicou que "o alumeado actual ten xa máis de 20 anos, e quedou obsoleto, dado que algunhas das luminarias utilizadas na zona xa non se fabrican".

A Xunta de Goberno aprobará maña a execución desta obra a Instalaciones Eléctricas Coruñesas SL, cun orzamento de 65.198,78€. Os traballos terán un prazo de execución de 8 semanas. Rubén Arroxo lembrou que desde a área de Mobilidade e Infraestruturas adicaron preto de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público da cidade nos últimos dous anos, onde se substituíron en moitas zonas luminarias con elementos contaminantes como o vapor de mercurio ou sodio por luminarias LED de baixo consumo e mellor eficiencia enerxética.

A instalación actual desta zona está formada por luminarias de Vapor de Sodio de 150W e luminarias fluoresecentes de 70W, que "serán substituídas por luminarias LED con consumos inferiores e cunha mellor luminosidade", explicou o Tenente Alcalde, que engadiu "isto permitirá, ademais de aforrar no gasto realizado polo concello en enerxía eléctrica, mellorar a seguridade das veciñas e veciños, aplicando tamén a perspectiva de xénero e reducir as emisións de CO2 á atmosfera".

0.2115650177002