Aprobada a resolución das axudas para actividades culturais da Deputación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A listaxe provisional de entidades beneficiarias publicarase o vindeiro martes no Boletín Oficial da Provincia
Iria-Castro-Deputación-de-Lugo
22 Nov 2025

A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres a resolución provisional das axudas de concorrencia competitiva para actividades culturais da Vicepresidencia da Deputación, que contan cun investimento de 315.000 euros.

Dacordo coa resolución provisional, concedéronse 295 subvencións - 39 máis que na pasada anualidade-, destinadas a financiar gastos relacionados coa organización de actividades culturais en todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “a resposta á convocatoria reflicte o crecente dinamismo das asociacións, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos".

A resolución provisional, coa listaxe das entidades beneficiarias e as contías a percibir, publicarase o vindeiro martes no Boletín Oficial da Provincia, abríndose daquela un prazo de 10 días para a presentación de alegacións.

As axudas para actividades súmanse ás destinadas a equipamento e melloras en locais de uso cultural, xa resoltas, con máis de 200 asociacións culturais entre as beneficiarias, e cun investimento de 185.000 euros.

⚙ Configurar cookies
0.070304870605469