Aprobado o Plan de Actuación da Fundación Universitaria co que colabora a Deputación

LugoXa
A reunión ordinaria do padroado da Fundación Universitaria Campus Universitario de Lugo celebrouse na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos e contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, do Vicerreitor de Organización Académica do Campus, Francisco Fraga López, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, así como da directora da Escola de Relacións Laborais, Mercedes Montes.
28 Dec 2022

Neste encontro analizaron as contas correspondentes ao exercicio e curso académico 2021-2022, para o que a Deputación fixo unha aportación de preto de 178.000€, ademais de conceder unha subvención nominativa para impartir o máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio por importe de 12.000€, o que, en suma, achégase aos 190.000€ e representa o 62% do total do orzamento da entidade.

Así mesmo, na reunión aprobouse o Plan de Actuación da fundación correspondente a este curso académico, 2022-2023, que inclúe o funcionamento da Escola Universitaria de Relacións Laborais, na que se imparte o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, con 126 prazas e unha dotación de persoal de 16 persoas; o máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio; e un curso de formación en xestión laboral.

0.15213990211487