Aprobados 830.000 euros para o mantemento das vías provinciais da zona de montaña de Lugo
A Deputación de Lugo acordou na pasada Xunta de Goberno a licitación do servizo de conservación e mantemento da zona 5 da rede de estradas provinciais por preto de 830.000 euros. A empresa que resulte adxudicataria deste contrato encargarase do mantemento das vías provinciais que discorren polos concellos da Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna durante dous anos.
Este contrato é fundamental para a mellora das comunicacións viarias mantendo como prioridade a seguridade dos veciños da zona e o mantemento das vías para gañar calidade na circulación.
A Deputación licitou conxuntamente no ano 2019 os 8 lotes nos que está dividido o contrato de conservación de estradas provinciais por un importe total de 6,4 millóns de euros para o período 2019-2021 nos que non estaban incluídas estas zonas.