Apróbase o procedemento de licitación para 22 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

LugoXa
Todas as concesións terán unha duración de 25 anos, e as persoas interesadas en optar a un dos postos poderán presentar os seus proxectos
praza-abastos-lugo
14 May 2025

Apróbase o procedemento de licitación para 22 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, que permitirá ocupar 15 postos na Praza de Abastos para distintas actividades, e 7 postos no Mercado Municipal destinados a actividades de hostalería e restauración.

Estas instalacións contan en total con 81 postos na Praza de Abastos e 32 no Mercado Municipal.

Todas as concesións terán unha duración de 25 anos, e as persoas interesadas en optar a un dos postos poderán presentar os seus proxectos nos 30 días posteriores á publicación do anuncio na plataforma de licitación.

Os criterios de adxudicación valorarán a capacidade de creación de emprego da proposta empresarial, ademais da actividade a desenvolver e do proxecto de negocio, xunto cos servizos de Atención ao Cliente, valorando se a nova actividade contará con servizo de entrega a domicilio, venta en liña ou pago con tarxeta.

Na praza de Abastos, sairán a licitación os postos 12 (Conxelados), 22 (Panadería), 23 (Carnicería), 28 (Delicatessen), 32 (Carnicería), 35 (Herbolario), 37 (Charcutería), 38 (Café Bar), 39 (Alimentación), 43 (Viñatería), 44 (Froitaría), 45 (Droguería), 47 (Galletería), 48 (Carnicería) e 49 (Alimentación), que contan cunhas dimensión de entre 11,3 e 17 metros cadrados.

No Mercado de Quiroga Ballesteros sairán os postos 10, 13-14, 18, 19, 21, 23 e 25, adicados a actividades do sector da hostalería e da restauración, con tamaños entre os 9.04 e os 19 metros cadrados.

⚙ Configurar cookies
0.13540697097778