Aquilino Iglesias Alvariño contará cunha renovación integral do espazo público

LugoXa
Aquilino Iglesias Alvariño contará cunha renovación integral do espazo público así como a renovación do alumeado público
aquilino iglesias rua colmado trafico
4 Abr 2023

Na rúa Aquilino Iglesias Alvariño, na contorna de Lamas de Prado, o Goberno de Lugo está a traballar na renovación integral do espazo público. Arroxo explicou que "continuamos coa renovación integral da contorna de Lamas de Prado, que comezou coa renovación da rúa principal, e que agora seguimos actuando na quinta rúa de Lugo máis poboada".

Os traballos avanzan a bo ritmo “seguindo a planificación do persoal técnico do Concello e da empresa adxudicataria dos traballos”, explicou Arroxo.

A renovación desta rúa incluirá a mellora das actuais zonas peonís, con novo mobiliario urbano e ampliando o número de árbores instaladas na zona. Os pasos de peóns elevaranse, "avanzando tamén no calmado do tráfico en toda a cidade, unha das solicitudes que cada vez realizan máis veciñas e veciños de Lugo", explicou o Tenente Alcalde.

Instalarase novo alumeado público, avanzando na implantación de luminarias LED de baixo consumo, e engadindo novos puntos de luz nas beirarrúas e na zona de xogos que actualmente non contan con alumeado, o que eliminará as zonas escuras da zona..

O Tenente Alcalde afirmou que "desde o Goberno de Lugo seguimos actuando nunha zona da cidade que requería de moitas melloras no espazo público, garantizando espazos de convivencia para toda a veciñanza".

0.18063521385193