Ariel Rot e Kiko Veneno protagonistas no penúltimo día de San Froilán

LugoXa
O San Froilán celebra o seu penúltimo día de programación con Ariel Rot e Kiko Veneno como pratos fortes da noite
San Froilán portda
11 Out 2022

Continúa no Vello Cárcere unha nova xornada da VI Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina que no día de hoxe contará con demostracións de elaboración de caligrafía e encadernación dende ás 12.00 ata ás 20.00.

Ás 11.00 o grupo Caivanca estará realizando un pasacalles pola rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal, na praza de Abastos e na praza de Santo Domingo. Ás 19.00 o pasacalles estará a cargo da asociación lucense Cántigas e Frores e recorrerá a rúa Quiroga Ballesteros, praza Santo Domingo, rúa Doutor Castro e Bispo Aguirre e a praza Maior. Dende ás 20.00 será o grupo Tambukda o que encha as rúas do recinto histórico e a zona de viños de música.

Pola tarde os máis pequenos poderán desfrutar de dous pases, ás 17.30 e ás 19.30, do espectáculo teatral itinerante Pigs a cargo da compañía Campi Qui e ás 18.30 na carpa do San Froilán Miúdo estará Ganso & Cia co seu espectáculo Panoli Kabareta.

Os concertos deste martes día 11 dan comezo ás 21.00 con Rocío Márquez & Bronquio que actuarán na praza de Santa María e terán como teloneiros o grupo lucense Nebra dende ás 20.00. Ariel Rot e Kiko Veneno estarán presentando Un país para escucharlo ás 22.00 na Horta do Seminario e ás 21.00 o grupo lucense Berta Franklin actuarán como teloneiros. A praza de Santa María acolle ás 23.00 o concerto do grupo No Reply.

A verbena non podía falta nesta recta final das festas e dará comezo ás 23.00 na praza Maior coa orquestra Fania Blanco Show. Para finalizar a noite a Duendeneta estará ás 00.30 na praza da Soidade

0.19027304649353