Armando Requeixo presenta en Lugo o seu libro ‘Literatura insólita’

LugoXa
O acto terá lugar o xoves 9 de outubro acompañado por figuras do ámbito cultural galego
Armando-Requeixo-libro
5 Oct 2025

Lugo acollerá o vindeiro xoves 9 de outubro, ás 19:30 horas, a presentación da obra Literatura insólita, do crítico e investigador literario Armando Requeixo.

O autor estará acompañado no acto por Toño Núñez, escritor e profesor; Tonina Gay Parga, xornalista e dinamizadora cultural; e Grial Parga, en representación da Editorial Galaxia.

O libro reúne unha ampla escolma de artigos que exploran o lado máis curioso e pouco coñecido da literatura. Nas súas páxinas fálase dos costumes e manías dos creadores, das profesións paralelas que tiveron moitos escritores, da súa precocidade ou lonxevidade, así como de mortes novelesca e traizóns póstumas.

Tamén se abordan asuntos tan singulares como a orixe dos títulos das obras, as linguas nas que foron redactadas, as dedicatorias, os volumes raros e prohibidos, así como libros sobre illas e reinos imaxinarios, xadrez, cemiterios, trens, humor, medicina, invasións, naufraxios, matemáticas, deporte, cabalos, templarios, paraugas ou mesmo intelixencia artificial.

Con esta publicación, Armando Requeixo convida ao lectorado a descubrir un universo literario sorprendente, no que o insólito convértese nunha ferramenta para achegarse á cultura e á creación desde unha perspectiva diferente.

⚙ Configurar cookies
0.10406184196472