Arranca a conta atrás para o Arde Lucus

LugoXa
As asociaciones  romanas de recreación histórica participaron na tarde onte no Natalis, o acto oficial que anuncia a chegada do Arde Lucus.
natalis ardelucus12
11 Jun 2023

As asociaciones  romanas de recreación histórica participaron na tarde onte no Natalis, o acto oficial que anuncia a chegada do Arde Lucus, que vivirá este como o primeiro co título de Festa de Interese Turístico Internacional.

O Natalis celebrouse por terceiro ano consecutivo para que as distintas asociacións se presenten nese momento de recreación histórica co que os romanos antigos anunciaba unha importante festa e agora é o acto de presentación do Arde Lucus.

Un iubilator percorreu as rúas para informar aos cidadáns da proximidade da festa. Houbo ofrenda floral e instalouse na Mosqueira un panel para ir facendo a conta atrás dos dez días que faltan para o Arde Lucus.

Cantouse o himno do Arde Lucus, o Calendis Arde Lucus, por medio do Orfeón Xoán Montes e a Coral Ecos do Miño e sucedéronse os desfiles polas rúas do centro da cidade.

0.1674120426178