Arranca a Copa Deputación de Fútbol Sala co sorteo dos enfrontamentos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Participarán 41 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina
sorteo-equipos-futbol-sala-copa-deputacion
20 Aug 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a VI Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 41 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e que se disputará entre o 30 de agosto e o 2 de novembro.

O sorteo dos emparellamentos celebrouse este martes no Pazo de San Marcos , coa presenza de representantes dos clubs participantes e da Federación Galega de Fútbol en Lugo – Pablo Prieto, presidente, Carlos Méndez, vicepresidente, e Iván Pico, responsable de fútbol sala da Federación na provincia de Lugo- , que sinalaron que a provincia de Lugo é a única que conta con esta competición, equiparando o fútbol sala ao fútbol campo.

A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros que se distribúe entre os equipos en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 200 e 385 euros), ademais de premiar aos equipos campións (entre 550 e 800 euros) e subcampións (300 e 450 euros) de cada categoría.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada” e ratificou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación cun deporte que goza dun gran nivel competitivo na provincia”.

Preferente e Primeira División Feminina

Equipos participantes (9 equipos)

Ribeira FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros , Burela FS B, Os Meigallos, FSF Castro Semillas Sidipal B, SD Castroverde, SD San Lázaro, UD Pastoricense

3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina

Equipos participantes (13)

Ribeira FS , Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Fonsagrada FS, Os Meigallos FS, Club Deportivo Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala Automóbiles Losada B, Castro FSF Carnemax e Club Lemos

Primeira e Segunda División Masculina

Equipos participantes (19)

CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concello de Begonte FS B, Luisitalia, Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, A Lareira Os Meigallos FS B, Desguaces Herbón, Union Caimán Yocreapptive Sala e FS Concello de Abadín

⚙ Configurar cookies
0.18742895126343