Arranca en Adai o Campamento Galego de Billar

LugoXa
Conta coa participación dunha vintena de rapaces de entre 8 e 18 anos
campamento-de-billar-en-adai-corgo
2 Aug 2025

Inaugurouse o I Campamento galego de Billar, que reúne no Corgo a máis dunha vintena de rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos; está organizado polo Club de Billar Adai e conta co apoio do Goberno galego.

O campus desenvolverase ata o domingo nas instalacións da entidade en Santiago de Adai, non require coñecementos previos de billar e inclúe clases, talleres e torneos que proporcionarán técnicas e coñecementos útiles para a práctica deste deporte, compaxinados con actividades e xogos ao aire libre.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou “o gran traballo que está a facer o club na promoción desta modalidade deportiva, mesmo acollendo probas da Copa de España feminina coa proxección que supón para O Corgo e para a provincia”.

⚙ Configurar cookies
0.62555885314941