Arranca en Outeiro de Rei a campaña sobre a compostaxe doméstica co reparto de compostadores

Instalouse nas inmediacións do Concello de Outeiro de Rei unha carpa ao obxecto de dar información sobre compostaxe doméstica e promover o uso destas prácticas dentro dos hábitos de vida.
A campaña de compostaxe doméstica promovida polo Concello de Outeiro de Rei está destinada a aquelas persoas que residan nalgunha vivenda unifamiliar do municipio e dispoñan de xardín e/ou horta.
A principal característica deste tipo de compostaxe é que se realiza a pequena escala, empregando compostadores de uso individual que se colocan na horta ou xardín de cada casa o que permite xestionar os residuos orgánicos xerados sen necesidade de desprazarse, ademais de obter compost propio dunha forma sinxela e limpa.
A instalación desta carpa será o punto de partida para o reparto gratuíto de 50 composteiros individuais (xa destinados); xunto ao composteiro farase entrega dun aireador de compostaxe, un cubo pequeno previsto para a recollida in situ dos residuos orgánicos e un tríptico informativo.
As persoas que desexen un composteiro e aínda non o teñan solicitado no Concello, o poden solicitar ese día na carpa instalada na Praza do Concello e posteriormente, ata esgotar existencias, no Servizo de Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei. Si se esgotan existencias, quedarán en reserva. O ano 2024 quedaron 34 solicitantes en reserva, os cales xa puideron recibir o composteiro este ano. Para este ano 2025, un total de 50 xa foron solicitados e ata 30 solicitantes están xa en reserva para conseguir un.
Os composteiros, serán repartidos por orde de solicitude e levados á vivenda por persoal técnico da empresa Hallkuss Corporation SL que tamén prestará asesoramento individualizado sobre o seu funcionamento.
Esta campaña está financiada con fondos europeos Next GenerationEU da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e polo propio Concello de Outeiro de Rei.