Arranca este sábado a Ruta Trotamontes de Pol con 250 inscritos

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Os club Trotamontes de Pol reunirá o 16 de abril a 150 participantes na súa XIII ruta, que dará comezo ás 8:00 horas desde Mosteiro.
ruta trotamontes pol portada
28 Mar 2024

Os club Trotamontes de Pol celebrará este sábado, 30 de marzo, unha nova edición da súa cita anual, a XV ruta Moto-Quad-ATV. Arrancará desde Mosteiro esta cita que reúne este ano 250 inscritos.

A ruta discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello de outros dos arredores, utilizando vías asfaltadas tan só para facer cruces ou como enlace entre tramos.

A proba dará comezo ás 9.00 horas pero a recollida de dorsais será desde unha hora antes. Ás 11.00 está previsto un descanso para café e ás 14.00 pararase par o xantar.

Finalmente rematarse o percorrido ás 18.00 horas e a cena convocouse para as 20.39 horas.

Rematarán a xornada coa actuación de Paulo Mortinho Freestyle, ás 23.00 horas e desde a medianoite, sesión musical na Hermo Disco Truck con Adolfo Valiño.

0.10001802444458