Arranca hoxe unha nova edición do Arde Lvcvs
A zona peonil da Ronda da Muralla, á altura da Mosqueira, serviu como punto de encontro para a presentación do programa do Arde Lvcvs 2024, unha edición que ofertará máis de 300 actividades, entre as que figuran importantes novidades, enfocadas a exaltar a recreación histórica, a potenciar ao máximo a animación na rúa e a acadar a implicación da xente máis nova, con máis actividades dirixidas á xente nova e á xuventude. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, definiu este programa de 2024 como “excepcional, á altura das altas expectativas desta festa, con moitas actividades para todos os públicos e novas propostas coas que innovar e sorprender”.
A alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos; por integrantes das asociacións de recreación histórica que participan na festa, e por representantes de empresas lucenses, colaboradoras e patrocinadoras do Arde Lvcvs. A todos eles, Paula Alvarellos deu as grazas “pola súa implicación e compromiso, que fixeron posible que o ano pasado este evento fose declarado Festa de Interese Turístico Internacional, e por manter as mesmas ganas e ilusión nesta nova edición, para seguir avanzando e innovando nunha festa única no mundo”.
A festa contará un ano máis co respaldo e impulso de 19 asociacións de castrexos e romanos que son parte moi activa deste evento; tamén 20 centros de ensino, que traballaron durante varias xornadas previas para achegar ao gran desfile do domingo a máis de 4.000 persoas caracterizadas, ás que acompañarán os integrantes dunha ducia de colectivos chegados de toda a Península Ibérica e tamén doutros puntos de Europa”.
Entre as novidades do programa deste ano, Paula Alvarellos tivo unha mención especial para un acto que “quedará instaurado neste 2024, xusto antes do apagado do lume, dedicado á memoria dos cidadáns e cidadás que xa non están connosco pero que fixeron moito polo Arde Lvcvs; para eles e elas será esa homenaxe coa que queremos que nunca se esqueza a súa pegada”.
Participación de 200 nenos na Palestra
Alvarellos sinalou que “para min esta edición do Arde Lvcvs vai ser máis especial, se cabe; porque ao orgullo que para calquera lucense supón esta festa, no meu caso se suma o de representar ao Concello de Lugo e aos cidadáns e cidadás nunha cita que senten como propia, porque a viron nacer e participaron nela desde os seus comezos”. O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, foi o encargado de concretar o programa de actos e, entre outras, chamou a atención da denominada A Palestra, coa participación duns 200 nenos e nenas de clubs deportivos da cidade, “que fixeron un gran traballo de investigación e recreación histórica, para adaptar os deportes actuais ás disciplinas deportivas da época, e que se desenvolverá na recentemente renovada praza do Ferrol”.
Tamén destacou a celebración dos “Xogos Píticos, unha recreación histórica dos xogos olímpicos na honra do deus Apolo, e que levarán as carreiras de cuadrigas e cabalos e as batallas de gladiadores con armas propias da época, ata a explanada do pavillón dos deportes”. Estas olimpíadas deportivas se realizarán na zona próxima na que se desenvolve o circo romano. Precisamente, sobre este evento o concelleiro de Xuventude adiantou que toda a información ao respecto estará dispoñible a partir do día 3 na páxina web entradaslugo.es, para poder mercalas desde o día 6 de xuño.
Cantando o Arde Lvcvs
Ademais das novidades que buscan potenciar a recreación histórica que define a esta festa, tamén haberá incorporacións ao programa dirixidas aos máis novos, o que se traduce en máis actos no Miúdo Arte, enfocado a nenos e nenas. Tamén este ano terá lugar a segunda edición de Cantando o Arde Lvcvs, coa participación de varios centros de ensino. Entre outros cambios que introduce o programa está a recuperación dos postos de comida e restauración, que volven a formar parte da festa, como fixeron nas edicións anteriores á pandemia; novos espectáculos de lume; e a potenciación de máis actividades de animación na rúa.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiron a Xunta Local de Seguridade do Arde Lucus na que se abordou o deseño dos dispositivos de vixilancia que se desenvolverán na capital. Así, a Policía local despregará para o Arde Lvcvs 2024 ata 10 patrullas de forma simultánea para atender as necesidades do evento nos momentos de máxima actividade da programación. Deste xeito, durante as tardes do venres 14 e sábado 15, así como as madrugadas de mesmo sábado e do domingo 16, e coincidindo cos eventos máis multinudinarios, se concetrará o maior número de efectivos.
Ademais este control de eventos, así como a supervisión dos accesos efectuarase en colaboración co Servizo Municipla de Protección Civil. De feito, o servizo de voluntarios instalará dous puntos de identificación para menores con pulseira que estarán situados na praza Maior e na praza da Soidade e que teñen por obxectivo a localización das crianzas en caso de desorientación. Concretouse o Plan de Autoprotección dos festexos que, entre outras medidas, contempla unha dotación de bombeiros exclusiva, que se suma ao servizo ordinario da cidade. Deste xeito, habilitaranse dúas dotacións de bombeiros formada por 8 profesionais. Unha situada en praza da Soidade e outra con base na praza de Avilés.
Programa completo
XOVES
21:00 h. Entrada de lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio “Ou Vello” e toma da cidade. Ponte Romana
21:15 h. Os Avgvres bendín as tropas e os estandartes. Inicio do paseo fluvial desde a Ponte Romano
22:00 h. Aceso do fuego sacro de Vesta. Fondo de Pr. Maior (Templo das Vestales)
VENRES
12.00 h. Cantando ao Arde Lvcvs: CPR. Franciscanos Lvgo, CEIP. Manvel Mallo Mallo, CPR. A Milagrosa Lvgo, CEIP. Paradai, CEIP. Lvis Pimentel, CEIP. Benigno Qviroga Ballesteros, CEIP. As Gándaras. Pr. Sta María
17:00 h. Inauguración do Macellvm. Son de Lugh. Pr. Maior
17.15 h. Pveris Tympana Tympana Galaica.. Pr. Soidade e polas rúas da civdad
17:30 h. Inauguración da Castra. Son de Lugh. Castra de Lvcvs Avgvsti (parqve Rosalía de Castro)
17:45 h. Invocación aos deuses galaicos. Lugdunum. Castra de Lucus Avgvsti (parque Rosalía de Castro)
17:55 a 19:00 h. Censado da cidadanía romana e castrexa. Pax Romana. Pr. da Constitución
18:00 h. As hordas convócanche. Pr. da Soidade e polas rúas da cidade
18:05 h. Nasciturus. Quiosco da Pr. Maior
18:10 h. Fábulas do Deus Pan. Polas rúas da cidade
18:15 h. Chegan as Bestas Rúa Quiroga Ballesteros e polas rúas da cidade
18:20 a 20:00 h. Degustación de Pote Galaico. Trebas Galaicas. Cantiño Nemesio Cobreros
18:00 h. Munera Gladiatora. Ars Dimicandi. Pr. Santa María
18:35 h. Facendo moedas. Caetra Lvcensivm. Pr. do Ferrol
18:45 h. Acendido das olimpíadas. Palestra de Lvcvs Avgvsti. Pr. do Ferrol
18:50 h. Ofrenda á Deusa Brigit. Clan de Breogán. Castra de Lvcvs Avgvsti (parque Rosalía de Castro)
19:00 h. Bautizos celtas. Porta Miñá
19:05 a 20:30 h. Pedites Sfera. Chaira do Pavillón de Deportes
19:10 h. O rapto das Sabinas. Pr. Maior
19:15 h. Conferencia: Muller e relixión con María Vázquez. Vestales de Lvcvs Avgvsti. Pr. Maior
19.30 h. Vodas romanas. Quiosco da Praza Maior
20:00 h. Theatrim: Avgvsto contra vos Galaicos. Ara Roma, Asemblearias de Lvcvs Avgvsti, Caetra Lvcensivm, Salesiani Lvci Avgvsti, Senatvs de Lvcvs Avgvsti, Kértix. Pr. Santa María
20:30 h. Danza Saltatore Star Dance. Palestra de Lvcvs Avgvsti (Pr. do Ferrol)
20:45 h. O fauno na rúa. Polas rúas da cidade
21:00 h. Theatrum: Asemblea Galaica. Declaración de Gverra. Tir Na N'Og, Lugdunum, Mercenarios Galaicos, Clan de Breogán, Terra Copora, Civitas Lvcensis, Lvcvs Icenas Miliatore, Trebas Galaicas. Pr. Santa María
21:15 h. Vodas celtas. Porta Miñá
21:20 h. A maldición castrexa. Quiroga Ballesteros e polas rúas da cidade
SÁBADO
11:00 h. Apertura Macellvm e Castra de Lvcvs Avgvsti. Pr. Maior / Parque Rosalía de Castro
11:15 h. Herbas e Medicina Galaica. Mercenarios Galaicos. Pr. Horta do Seminario
11:20 h. A comerciante Mineia. Asemblearias de Lvcvs Avgvsti. Xardíns do Mvseo Provincial
11:30 h. Profecías de guerra. Pr. Maior e polas rúas da cidade
11:35 h. Sermo Vulgaris. Kértix. Pr. Pío XII
11:45 h. Theatrum: Leprosi Fvgiamvs. Achádego Teatro. Pr. do Ferrol e polas rúas da civdad
12:00 h. Escola de gladiadores. Ars Dimicandi. Pr. Santa María
12:10 h. Nasciturus. Quiosco da Pr. Maior
12:15 h. Bestiarios Fantásticos. Campo Castelo e polas rúas da cidade
12:30 h. Nomeamento de Civitas Honoris e recepción de tropas estranxeiras. Fondo Pr. Maior
12:35 h. Fauno Saltatori. Polas rúas da cidade
12:45 h. Theatrum: A aventura de Ulises. Asoc. Cvrvxán. Pr. Campo Castelo
12:50 h. Degustación de bucellatum. Guardia Pretoriana. Pr. San Marcos
13:00 h. Theatrum: Miss Vestal. Senatvs de Lvcvs Avgvsti. Fondo Pr. Maior
13:10 h. Lanzamento de xavelina: Xogos Píticos. Lvcivs Spicvlvs Divvlgación. Chaira do Pavillón dos Deportes
13:15 h. Fora “O asalto”. Asoc. Mercadores Atávicos. Pr. Pío XII
13:30 h. A saída do Deus Lvgh Son de Lugh. Bispo Agvirre e polas rúas da cidade
13:45 h. Moradores de Hades. Pr. da Soidade e polas rúas da cidade
14:00 h. Buscando aliados Lvcvs Icenas Miliatore. Polas rúas da cidade
16:00 h. Tambores de Braga. Pr. Horta do Seminario
16:30 h. Theatrum: Architectvs et Caesar. Jvan Casaveteiro. Campo Castelo
16:45 h. Adestramento de loita con pau. Asoc. Mercadores Atávicos. Pr. Maior
17:00 h. A chamada dos orcos. Fondo Pr. Maior e polas rúas da cidade
17:15 h. Caiellach e as hordas. Pr. Constitvción e polas rúas da cidade e as hordas
17.30. Gladiatura e redención. Ars Dimicandi. Santa María
17:35 h. Vodas romanas. Qviosco da Pr. Maior
17:45 h. Oráculo do Druída Lugdunum. Castra de Lvcvs Avgvsti (Parque de Rosalía de Castro)
17:50 h. Contos do fauno. Polas da cidade
18:00 h. Circus Romano. Chaira do Pavillón Mvnicipal (espectáculo con entrada de 6 euros)
18:15 h. Asalto ao monte Medulio Guardia Pretoriana, Mercenarios Galaicos, Trebas Galaicas. Rúa Cantiño Nemesio Cobreros
18:30 h e 19:30 h. Theatrum: Vivir nas nubes Hipócrita Teatro. Pr. Santa María
18:35 h. Galeno e os caídos Salesiani Lvci Avgvsti e Terra Copora. Castra de Lvcvs Avgvsti (Parqve Rosalía de Castro)
18:45 h. Confrarías Galaicas Tir Na N'Og. Castra (Parque Rosalía de Castro)
19:00 h. Extremis Diavolvs. Lois Peña e polas rúas da cidade
19:10 h. Bautizos Celtas. Porta Miñá
19:15 h. Construíndo un cabecero castrexo Cordex Artifes Luci. Pr. Campo Castelo
19:30 h. Theatrum: Venda de escravos Asoc. Cvrvxán. Quiosco da Pr. Maior
19:45 h. Perseguindo ás ninfas. Polas rúas da cidade
20:00 h. A fuxida de Tympana Tympana Galaica. Pr. da Soidade e polas rúas da cidade
20:15 h. Danzas saturnales. Pr. Campo Castelo e polas rúas da cidade
Desfile de tropas romanas e tribvs castrexas. Participan: Clan de Breogán, Tir Na N'Og, Terra Copora, Gverras Cántabras, Civitas Lvcensis, Lvcvs Icenas Miliatore, A Castronela, Son de Lvgh, Lvgdvnvm, Civitas Limicorvm de Xinzo de Limia, Astvres e Romanos de Astorga, Cordes Artifices Lvci, Papilionem Fiandeira, Mercadores Atávicos Mercenarios Galaicos, Trebas Galaicas, Irmáns de armas (Arnedo, A Rioxa)Astvres de carabanzo (Carabanzo, Lena, Astvrias)Tecer para Medrar, FADAS, PVRAGA(Boqveixón) Gaebolgh (León),Tympana Galaica, Caesar, Caio Antistio, Pavlo Fabio, Ara Roma, Asemblearias de Lvcvs Avgvsti, Vestais de Lvcvs Avgvsti, Kertix, Pax Romana, Lvcvs Eqvites, Caetra Lvcensivm, Gvardia Pretoriana, Salesiani Lvci Avgvsti, AEFRH, Cohors Lvcensivm, Asociación Cvltvral Geto Dacii de Moldova de Rvmanía, Federación de tropas e lexións de Carthago Nova, Legio VI victrix de Portvgal, Astvres de legio Macedónica (León)
20:30 h. Rolda Muralla (porta de Santiago ata Bispo Odoario) Rola da Mvralla permanecerá pechada ao tráfico de 20:00 a 21:30 h.
20:45 h. Tambores de batalla. Pr. Maior e polas rúas da cidade
21:00 h. Theatrvm: A aventvra de Vlises Asoc. Cvrvxán. Porta Miñá
21:15 h. Vodas Celtas. Porta Miñá
21:30 h. Theatrvm: Architectvs et Caesar Jvan Casaveteiro. Pr. dá Soidade
21:45 h. Versos Satvrnios. Polas rúas da cidade
22:00 h. Escola de gladiadores Ars Dimicandi. Fondo Pr. Santo Domingo
22:15 h. Tambores de Braga. Pr. Campo Castelo
22:30 h. A filla de Zeus. Pr. Maior e polas rúas da cidade
22:45 h. Tambores de vinganza Tabucada. Pr. Horta do Seminario e polas rúas da cidade
23:00 h. Ragnarok. Espectáculo de forza e lume. Pr. Santa María
23:15 h. Forxando guerreiros, ritual de iniciación Mercenarios Galaicos. Pr. Horta do Seminario
23:45 h. Theatrum: Venda de escravos Asoc. Curuxán. Fondo da Pr. Maior
00:00 h. Concerto The Real Mckenzies. Confluencia Alcalde López Pérez con Av. Rodrígvez Movrelo
00:15 h. Lendas da noite. Pr. da Soidade e polas rúas da cidade
00:30 h. Parada con fachos Cohors III Lucensium. Polas rúas da cidade e adarve da Mvralla
01:00 h. O rapto de Perséfone. Pr. Maior, diante do Concello
01:30 h. Os tambores de Bloco Meigallo. Pr. Maior e polas rúas da cidade
DOMINGO
11:00 h. Apertura Macellum e Castra de Lvcvs Avgvsti. Pr. Maior / Parqve Rosalía de Castro
Desfile dos Scholarvm: CPR San José, CEIP Lvis Pimentel, CPR A Inmacvlada, CPR María Avxiliadora, CEIP Rosalía De Castro, EEI Fingoi II, Cpr A Milagrosa, CEIP As Gándaras, CPR Divino Mestre, CEIP Sacro Corazón, CEIP A Ponte, CEIP Qviroga Ballesteros, CEIP As Mercedes, CPR Franciscanos, CEIP Anexa, CEIP Albeiros, CEIP Menéndez Pelayo, CPR Cervantes, CEIP Salesianos, CEIP Illa Verde 11:30 h • Pr. Santo Domingo
11:35 h. O ourive Terra Cópora. Castra de Lvcvs Avgvsti (parque Rosalía de Castro)
11:40 h. Melodías ancestrais. Pr. Horta do Seminario e polas rúas da cidade
11:45 h. Insignivs Scholarvm. Fondo Pr. Maior
11:50 h. Bosque encantado. Pr. Campo Castelo e polas rúas da cidade
11:55 e 14:00 h. Theatrum: Scenas Inspirati Nostrvm Cai. Pr. da Soidade
12:00 h. Escola de gladiadores Ars Dimicandi. Pr. Santa María
12.05 h. O labirinto do fauno h. Pr. dá Soidade e polas rúas da cidade
12:15 h. Pinchacarneiro. Polas rúas da cidade
12:30 h. De ases e sestercios Caetra Lvcensivm. Pr. do Ferrol
12:35 h. Xogos infantís Civitas Lvcensis. Castra de Lvcvs Avgvsti (parque Rosalía de Castro)
12:40 h. Theatrvm: Architectvs et Caesar Jvan Casaveteiro. Pr. Campo Castelo
12:45 h. Bellicrepa. Pr. Maior e polas rúas da cidade
13:00 h. Theatrvm: Miss Vestal Senatvs de Lvcvs Avgvsti. Fondo Pr. Maior
13:10 h. Degustación de Libvm Gvardia Pretoriana. Pr. San Marcos
13:15 h. A chamada de Endo. Pr. da Soidade e polas rúas da cidade
13:20 h. Ataque e defensa de lexión. Lvcvs Eqvites. Pr. Horta do Seminario e polas rúas da cidade
13:25 h. Bestiario. Pr. Maior e polas rúas da cidade
13:30 h. Cerimonia lexionario caído. Ronsel fvneraria Pax Romana. Pr. da Constitución
13:45 h. Tambores de Braga. Pr. Campo Castelo e polas rúas da cidade
14:00 h. A Arenga Icena. Lvcvs Icenas Miliatore. Pr. Campo Castelo
16:30 h. Tambores de Braga. Pr. Campo Castelo e polas rúas da cidade
16:55 h. Taller de cestería. Civitas Lvcensis. Castra de Lvcvs Avgvsti (Parque Rosalía de Castro)
17:00 h. Os galaicos divírtense. Son de Lugh. Pr. Santa María
17:05 h. O favno. Polas rúas da cidade
17:10 h. Bautizos Celtas Porta Miñá
17:15 a 19:00 h. Cerámica castrexa con Sandra Obarrio. Tir Na N'Og. Castra de Lvcvs Avgvsti (Parqve Rosalía de Castro)
17:20 h. Artesanía Romana. Kertix. Pr. Pío XII
17:30 h. Os vltimos devanceiros. Pr. Campo Castelo e polas rúas da cidade
17:45 h. Arboris itinerante. Pr. Soidade e polas rúas da cidade
18:00 h. Deuses da mitoloxía romana. Ara Roma. Pr. Anxo Fernández Gómez
18:15 h. Theatrvm: Architectvs et Caesar Jvan Casaveteiro. Fondo Pr. Maior
18:30 h. Vodas celtas Porta Miñá
18:35 h. Loita de gladiadoras. Salesiani Lvci Avgvsti. Castra de Lvcvs Avgvsti (Parque Rosalía de Castro)
19:00 h. A gladiatura. Ars Dimicandi. Pr. Santa María
19:30 h. O éxodo do gverrero. Pr. Maior e polas rúas da cidade
20:00 h. Nacemento dun pobo galaico-romano. Asociacións Arde Lvcvs. Rda da Muralla, diante da Mosqueira
21:00 h. Lavdatio Amicvs Absens Fondo Pr. Maior (Templo das Vestales)
21:30 h. As vestales preservan o lume sacro do Arde Lvcvs. Fondo de Pr. Maior (Templo das Vestales)