Arranca Lugo Máxico cunha charla divulgativa

LugoXa
Obradoiros, actuacións e galas completan a programación deste ano
lugo-maxico
11 Sep 2024

O concelleiro Alexandre Penas asistiu hoxe á primeira actividade do Lugo Máxico 2024, a charla divulgativa do mago Paco González. Penas destacou que Lugo Máxico é "unha cita totalmente consolidada no calendario cultural de Lugo e que axuda a estimular a imaxinación e a capacidade de concentración dos e das máis cativas".

As actividades do Lugo Máxico continúan con máis charlas de divulgación sobre a maxia o domingo 15 co obradoiro Quiero ser maga de Sara Rodríguez, tamén no Vello Cárcere. Os magos poderán asistir a unha conferencia especializada a cargo de Joaquín Matas o 14 de setembro a partir das 12:00 no Hotel Mercure.

O Vello Cárcere acollerá a exposición O gabinete de curiosidades, do mago Paco González, que contará con visitas guiadas os días 11, 12 e 13 de setembro (11:00 e 12:30 para escolares, 17:30 e 19:30 para adultos), e haberá 4 actividades de maxia na rúa, co mago Kayto e o seu espectáculo "Alokayto", que se poderá desfrutar na praza Maior o 11 de setembro ás 19:00, o 12 de setembro ás 13:00 na praza Maior e ás 20:00 na praza Agro do Rolo e o 13 de setembro ás 18:00 na praza do Castiñeiro. Adrián Conde traerá o seu espectáculo Intríngulis á Mosqueira o 12 de setembro ás 19:00.

O Lugo Máxico contará en total con 5 galas, comezando o 13 de setembro a partir das 12:00 coa gala para escolares, que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a cargo de Ricardo Frazer. O gustavo Freire acollerá tres galas máis, abertas a toda a veciñanza, comezando o 13 de setembro a partir das 20:30, Joaquín Matas desenvolverá o seu espectáculo Intimagia. O 14 será o momento da gala Waldemar (20:30), presentada por Xulio Merino, e que contará coa participación dos magos David Méndez, Román García, Marcos Waldemar, Luís Boyano e Bruni Tarnecci, e o 15 pechará o LugoMáxico coa gran gala Lugomáxico, ás 19:00, e que contará coa participación de Xulio Merino, Joaquín Matas, Ramó&Alegría, Joshua Kenneth e Gonzalo Albiñana, presentados por Luís Boyano. Ademais, haberá unha gala no Mesón do Forno o 13 de setembro a partir das 22:30, presentada por Marcos Waldemar e na que participarán Xulio Merino, Román García, Joaquín Matas e Bruno Tarnecci.

Todas as actividades do Lugo Máxico 2024 serán gratuítas e de acceso libre ata completar a cabida do recinto, agás as galas do Auditorio Municipal Gustavo Freire, cuxas entradas estarán á venta no portal entradaslugo.es a un prezo de 3 euros.

0.17909789085388