Arranca o IX Festival Agrocuir da Ulloa en Monterroso

LugoXa
Os asistentes poderán desfrutar dun programa que inclúe obradoiros de baile, actuacións musicais e presentacións literarias
Festival-Agrocuir-da-Ulloa
22 Ago 2024

Este venres arrranca a IX edición do Festival Agrocuir da Ulloa baixo a temática da defensa do territorio, nun contexto de ameaza provocado polo proxecto de construción dunha fábrica de celulosa. Deste xeito, os asistentes poderán ata este sábado en Monterroso dun programa que inclúe obradoiros de baile, actuacións musicais e presentacións literarias.

A cita comeza cunha proxección da montaxe e coloquio sobre O Ulla si! que terá lugar a partir das 18.00 horas. Seguiranlle a actuación de Alana, a partir das 21.00 horas, e ManiCuir, Nelo Vermouth e compañía na praza do Froito ás 22.30 horas. A partir das 23.30 horas é a quenda de VerterGZ e de Saya.

O sábado haberá obradoiros no Souto de Caracacho. Entre a oferta variada, prográmanse obradoiros de baile con Gabi Reboredo, laboratorio Ulla Vivo, canta contos, movendo os marcos do desexo e envellecemento e diversidade. Ademais, contarán coa participación do Podcast As Bichas non todo o mundo é bisexual.

Despois dun par de presentacións literarias pola maña, terá lugar a perfomance A Morte e o Clima e as iniciativas Bingo Cuir e Coro Cores. Tamén entregarán o Premio á visibilidade Agrocuir. Posteriormente actúan Marinita y sus Maromas ao que lle seguirán uns Cantos de taberna polos bares do municipio e a actuación de Aboi 13 e Km0 Dj na praza de Froito dende as 01.00 ara as 04.30 horas.

 

 

0.16699695587158