Arranca o XuvenCiencia con preto de 100 rapaces inscritos

LugoXa
A Deputación colabora cunha nova edición de Xuvenciencia, que reúne na capital lucense a 95 alumnos dende onte ata o 9 de xullo
Apertura XuvenCiencia
4 Xul 2022

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou onte na apertura da décima edición do Campus de Verán Xuvenciencia que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra. A Deputación de Lugo colabora con esta cita, enmarcada dentro do apoio á Universidade de Santiago de Compostela, que achega a 95 rapaces este tipo de actividades educativas e lúdicas "tan importantes para fomentar a curiosidade e o interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento", descacou Pablo Rivera.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou tamén neste acto inaugural da décima edición de Xuvenciencia, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración polo que achega 10.000 euros. Este campus de verán ofrece o primeiro contacto coa universidade a 95 mozos e mozas de 4º de ESO e BAC, así como de ciclos medios de FP, que poden elixir entre 16 proxectos e 13 talleres e actividades, a desenvolver ata o próximo sábado.

O Campus de Verán Xuvenciencia reunirá, dende onte ata o día 9 de xullo, á mocidade matriculada en 4º da ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP, cunha idade máxima de 19 anos. Ofrecerá 16 proxectos e 13 talleres e actividades.

0.21997117996216