Arranca unha nova edición do Lucus Music Festival

LugoXa
As actividades abertas á veciñanza comezan cun concerto de músicas populares e tradicionais con Banda Sinfónica
Lucus-Music-Festival
19 Aug 2024

Arranca unha nova edición do Lucus Music Festival. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o tenente alcalde, Rubén Arroxo, visitaron a Escola Municipal de Música, onde participaron na benvida ás persoas participantes do III Encontro Coral Internacional organizado polo Coro Virtual A Piacere, unha das novas actividades formativas para profesionais e afeccionados da música enmarcadas no festival.

As actividades abertas á veciñanza comezan cun concerto de músicas populares e tradicionais con Banda Sinfónica a partir das 20.30 na praza Anxo Fernández Gómez. Maite Ferreiro destacou que a área de Cultura e Turismo "busca achegar a Lugo un turismo de calidade, fuxindo das masificacións e apostando por unha ampla actividade cultural que poidan desfrutar tanto as veciñas e veciños de Lugo como as persoas que se achegan a pasar uns días", e engadiu "actividades como o Lugo Music Festival permítennos cumprir este obxectivo, posicionando a Lugo como un punto importante na formación musical".

As preto de 60 participantes deste encontro coral contarán con formación a cargo de profesionais da música coral como Lorena Valero, Alberto Ballesta, Gemma Soler, Vivcente Romero, Ruth de los Reyes, Josema Bustamante ou Isabel Barea. A actividade está dirixida polo director Cristian Cavero, e trátase do 3º encontro organizado por este coro nacido de xeito virtual durante a crise sanitaria de 2020.

0.16446113586426