Arrancan na Deputación os actos do 25N cunhas xornadas con voz de muller

LugoXa
O Pazo de San Marcos foi escenario este xoves da III Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais dentro da programación organizada pola institución provincial con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
xornadas con voz de muller deputacion
24 Nov 2023

O Pazo de San Marcos foi escenario este xoves da III Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais dentro da programación organizada pola institución provincial con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

O Pazo de San Marcos foi escenario este xoves da III Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais, o primeiro dos actos que organiza a Deputación de Lugo con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Un foro que, nesta edición, promoveu a institución provincial xunto con Radio Lugo-Cadena Ser, pois enmárcase no ciclo Con Voz de Mujer co que conta a emisora a nivel nacional. Reuniu a unha decena de mulleres referentes con distintas profesións e experiencias vitais, vinculadas a institucións, ao mundo da empresa, da cultura, da educación, da xustiza e do feminismo. Todas coincidiron en reivindicar, ante un Salón de Actos cheo, unha sociedade igualitaria e libre de violencias machistas.

Participaron Marisol Morandeira, Deputada de Muller e Igualdade; Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade; Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo; Ana Belén Traseira, directora da UNED de Lugo; Carmen Lence, CEO do Grupo Lence; Dolores Varela, do Foro Feminista de Lugo; Marta Engroba, presidenta de Si, hai saída; Sandra Piñeiro, xuíza; Olga Osorio, directora de cine; e Sheila Patricia, cantautora, quen tamén puxo o toque musical á xornada.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, clausurou o evento facendo fincapé en que a loita contra a violencia machista é “unha loita común, que nos debe implicar a todas e a todos como sociedade: as institucións, o tecido social, as empresas, as forzas e corpos de seguridade, a xustiza, a educación, a cultura, o deporte, os profesionais da sanidade ou os medios de comunicación”, ao tempo que subliñou que nesta camiño “témonos que implicar mulleres e homes”. Engadiu que a institución provincial concibe a loita pola igualdade como unha acción transversal, porque “as políticas de igualdade non son ningún compartimento estanco, non son dunha área de xestión ou dun ámbito de Goberno. O feminismo e as políticas de igualdade deben estar en toda acción institucional e de goberno”.

En Camiño contra as Violencias

A Deputación completará a súa programación mañá venres, 24 de novembro, coa sétima edición da andaina reivindicativa En Camiño contra as Violencias, que sairá ás 12:30 horas dende o Pazo de San Marcos para rematar no Centro de Formación Audiovisual da Deputación. Arrancará coa lectura da declaración institucional acordada hoxe pola Xunta de Voceiros e continuará polo centro da cidade, co obxectivo de involucrar á sociedade lucense para condenar os feminicidios e calquera tipo de violencia contra as mulleres.

Está organizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación e será encabezada polo Presidente provincial xunto ás Deputadas e Deputados. Percorrerá o centro da cidade facendo varias paradas sinaladas con fume negro. Os estudantes portarán unhas bolsas negras que representan os cadáveres das vítimas da violencia machista.

0.1380250453949