Arrancan os obradoiros infantís da Deputación na Praza de San Marcos
O deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, acompañou aos participantes dos talleres infantís que organiza a Deputación de Lugo con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Os talleres de educación levaranse acabo tamén este martes, 4 de xuño, e o xoves, 6 de xuño, en horario de 17.00 a 20.00 horas, na praza de San Marcos. As actividades están dirixidas a nenos e nenas a partir de 6 anos e son totalmente gratuítas e de asistencia libre, sen necesidade de inscrición previa.
Os participantes poderán desfrutar durante estas tardes dunha variedade de obradoiros sobre diferentes temáticas. Entre elas, un obradoiro de bombas de sementes e macetas de barro, outro de e estampado e de hotel de insectos e un sobre unha mini horta urbana
Este martes, no Centro de Interpretación Terras do Miño, desenvolverase un taller para facer música coa reciclaxe. O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, poñer en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación.
A Deputación programa varias actividades para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o propio 5 de xuño, que este ano se centra na protección dos ecosistemas terrestres. Ás 12 do mediodía, a institución provincial inaugurará nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos a exposición Dende a Reciclaxe á Creatividade Musical.
Pola tarde, ás 18.45 horas os usuarios e usuarias dos hortos urbanos do Rato recibirán no Salón de Actos os diplomas acreditativos das actividades formativas nas que participaron. A continuación, ás 20.00 horas, terá lugar a conferencia Pragas de Emerxencia, que impartirá Manuel Andrade e abordará as ameazas da praga de mosquitos.