Arrancou o Rally San Froilán coa cerimonia de saída desde o centro da cidade

LugoXa | TerraChaXa
A competición desenvolverase durante todo o día de hoxe nos concellos de Outeiro de Rei, Samos, O Corgo, O Páramo, Sarria e Lugo
saida-san-froilan-lugo
18 Oct 2025

O vicepresidente da Deputación, xunto a alcaldesa de Samos e o Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo estiveron presentes na saída do Rally San Froilán 2025.

Efrén Castro saudou ao participante e gañador desta edición do Volante Xoven que se fai en colaboración coa escola PTC que xestiona o circuíto da Pastoriza. Efrén Castro foi entrevistado xunto co piloto e copiloto da edición deste ano de Volante Xoven. Esta axuda ao deporte foi iniciada pola Deputación de Lugo e seguida polas outras deputacións galegas.

A competición desenvolverase durante todo o día de hoxe nos concellos de Outeiro de Rei, onde estará o parque pechado; Samos, que participa por primeira vez; O Corgo, O Páramo, Sarria e Lugo, onde está designada a saída e remate.

PODES CONSULTAR O PERCORRIDO NESTE ENLACE

PARTICIPACIÓN DA XUNTA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á saída do Rally San Froilán e felicitou á escudaría Miño polo nivel de participación alcanzado na presente edición, con 142 inscritos entre os que se atopan os favoritos para gañar o Campionato Galego de Asfalto 2025, que se decide nesta proba.

A Xunta de Galicia colabora na organización do rally a través da Secretaría Xeral para o Deporte. Así mesmo, o alumnado do CIFP As Mercedes que cursa o ciclo superior dual de Automoción especializado en vehículos de competición realiza parte das asistencias dos vehículos. Incorporáronse arredor de 40 estudantes, dous en cada equipo, que colaboraron xa na certificación dos vehículos e realizarán o circuíto completo cos participantes.

Neste sentido, Arias destacou a implicación de catro alumnas que, xunto coa presenza na proba de máis dunha trintena de mulleres como copilotas, “visibilizan e dan un empuxe ao talento feminino no sector do motor, tradicionalmente masculinizado”.

⚙ Configurar cookies
0.077229022979736