'Arrolos ao Ar' a nova exposición do Cemiterio Municipal sobre o dó perinatal

LugoXa
O Cemiterio Municipal acolle unha exposición sobre o dó perinatal 'Arrolos ao A' dentro das actividades organizadas dentro do 75 aniversario
Exposicion cemiterio municiapl
25 Mar 2023

O Cemiterio Municipal conta xa coa a exposición Arrolos ao Ar, unha mostra fotográfica sobre o dó perinatal. A concelleira  Cristina López explicou que “esta mostra visibiliza a dor das familias pola morte xestante, unha temática dura que debe ser visibilizada”.

A mostra está ubicada no novo espazo perinatal do Cemiterio Municipal, un espazo adicado ás persoas que perderon fillos durante a xestación ou ao pouco de nacer, que contan xa cun espazo específico no Cemiterio de Lugo, dando visibilidade a un tipo de dó moi presente na sociedade, mais que continúa a estar moi silenciado.

Esta mostra está enmarcada dentro das actividades polo 75 aniversario do Cemiterio Municipal, e a área de Participación contou coa colaboración de de diversas entidades e institucións. Cristina López convidou á veciñanza a visitar esta mostra e coñecer o Cemiterio de Lugo, un dos cemiterios máis bonitos do mundo.

0.20445513725281