Arroxo amosa o seu apoio á mobilización das traballadoras da limpeza

LugoXa
Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, xunto con concelleiras e concelleiros do BNG, participaron na mobilización do sector da limpeza, que hoxe cumpre a súa 16ª xornada consecutiva en folga.
sector limpeza lugo folga
1 Nov 2023

Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, xunto con concelleiras e concelleiros do BNG, participaron na mobilización do sector da limpeza, que hoxe cumpre a súa 16ª xornada consecutiva en folga. Arroxo trasladou o apoio do BNG “nunhas reclamacións xustas que mellorarán as condicións de vida das traballadoras da limpeza”. O BNG reclama á patronal do sector que retome as negociacións, paralizadas desde o mes de xuño.

O sector demanda un convenio colectivo digno, ante a oferta presentada pola patronal, que suporía deixar as traballadoras na total precariedade. Na actualidade, as traballadoras levan cos soldos conxelados dende o ano 2021, cando venceu o convenio, e que hai categorías que xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional

A limpeza é un servizo esencial, tal e como quedou demostrado durante a pandemia e como se está a evidenciar na folga indefinida que as traballadoras e traballadores iniciaron o pasado luns. Aínda que as consecuencias do paro xa se notan en centros de saúde, colexios, dependencias administrativas, comercios ou industrias, a CIG denuncia que a patronal" continúa ninguneando o conflito, sen contestar a última proposta da parte social e sen concretar data de reunión da mesa".

A última reunión tivo lugar o 27 de xuño, e dende entón, malia a convocatoria da folga indefinida, a patronal non convocou a mesa negociadora para dar resposta á proposta trasladada pola parte social.

0.18578696250916