Arroxo anuncia un novo plan integral do tráfico para as zonas peonís

LugoXa
O tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da instalación de bolardos en tres puntos da cidade coa finalidade de limitar o excesivo paso de vehículos que circulan sen xustificación por espazos peonís.
15 Dec 2023

O tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da instalación de bolardos en tres puntos da cidade coa finalidade de limitar o excesivo paso de vehículos que circulan sen xustificación por espazos peonís. Concretamente, o novo plan de regulación aplícase na rúa do Camiño Real, no acceso á rúa Quiroga Ballesteros desde a rúa Bolaño Rivadeneira e no acceso á rúa Isaac Díaz Pardo desde a rúa Recatelo.

Nalgúns casos, explicou Rubén Arroxo, o acordo da colocación dos bolardos chegou case de xeito inmediato durante as conversas mantidas coas asociacións veciñais dos barrios. “As veciñas e os veciños piden regular o tráfico nas zonas peonís para frear o tránsito continuado de vehículos que interrompen a vida a pé nos espazos dispostos precisamente para iso”. Ademais, o Tenente Alcalde ve tamén necesario “protexer os pavimentos das rúas peonalizadas, xa que se trata de materiais máis nobres que non están pensados para unha carga de peso tan grande e continua”.

Ante a necesidade de limitar este tránsito non autorizado para circular nas zonas habilitadas para o uso peonil, procedeuse á instalación de bolardos desmontables con chave para posibilitar o paso de vehículos de emerxencia e autorizados. O Tenente Alcalde insistiu na intención de “protexer o patrimonio de Lugo e tamén ofrecer seguridade a todas as persoas que empregan día a día estas rúas peonís para desprazarse pola cidade”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15100288391113