Arroxo confía que coas eleccións Lugo sexa protagonista tras “15 anos de abandono” polo PP

LugoXa
O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que hoxe era un día importante para Lugo pola aprobación no pleno municipal dos orzamentos para o ano 2024.
27 Dec 2023

O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que hoxe era un día importante para Lugo pola aprobación no pleno municipal dos orzamentos para o ano 2024. Arroxo destacou que o orzamento é “froito do traballo realizado durante meses en contacto coa veciñanza, afianzando o proxecto que executamos nos últimos anos e permitíndonos afrontar desde o Concello os retos do futuro".

Arroxo destacou que as eleccións galegas convocadas para o 18 de febreiro se presentan coma “un gran reto no que Lugo ten que ser protagonista despois de 15 anos de abandono por parte do Partido Popular desde o Goberno galego". Para Arroxo, proxectos como a Tinería, o Cuartel de San Fernando ou a perda de servizos na sanidade pública, como se está a ver no Centro de Saúde de Nadela son exemplos deste abandono ao que o Partido Popular somete á veciñanza de Lugo.

"Este 18 de febreiro pode chegar o cambio a Galiza da man do BNG e de Ana Pontón, un cambio que Lugo precisa para que o goberno de Galiza atenda ás nosas necesidades", afirmou Rubén Arroxo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1780891418457