Arroxo confirma que o pacto de Goberno mantense

LugoXa
O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou, ante o anuncio da dimisión da alcaldesa de Lugo, que o BNG seguirá a traballar no proxecto de cambio que se iniciou hai 4 anos e medio.
arroxo lara presentacion orzamentos
9 Xan 2024

O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou, ante o anuncio da dimisión da alcaldesa de Lugo, que o BNG seguirá a traballar no proxecto de cambio que se iniciou hai 4 anos e medio.

Arroxo afirmou que "todo o mundo pode ver o cambio que está a experimentar Lugo nos últimos anos", e explicou que o BNG mantén intacto o compromiso para continuar coa labor de facer de Lugo un lugar mellor. "Poden cambiar as persoas, máis o proxecto de cidade segue en pé".

Engadiu que o BNG sae ás eleccións galegas do 18 de febreiro "coa mellor candidata, Ana Pontón, que será a próxima presidenta da Xunta". O portavoz do BNG dixo que "a partir do 18 de febreiro, co BNG no goberno de Galiza, defenderase Lugo despois de 15 anos de total abandono por parte do PP".

0.16242504119873