Arroxo critica o atraso de dous anos na obra da autovía Lugo-Santiago

LugoXa
O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou un novo atraso nas obras de construcción da autovía que conecta a cidade de Lugo coa capital, Santiago de Compostela.
autovia lugo santiago a 54
7 Out 2023

O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou un novo atraso nas obras de construcción da autovía que conecta a cidade de Lugo coa capital, Santiago de Compostela. O Goberno do estado anunciou dous anos máis de atraso da autovía Lugo - Santiago, unha demora, indicou Arroxo, coa que “xa se acumulan 27 anos para a creación desta infraestructura de tan só 90 km”. Para a Tenente Alcalde isto sería impensable que acontecese en Madrid ou nas outras nacións do estado, “pero acontece en Galiza porque non se nos toma en serio”.

Rubén Arroxo explicou que isto pode comprobarse no Congreso co caso do deputado do BNG, Néstor Rego. “Dinlle que non vaia con esixencias porque tan só é un deputado, cando en realidade o que lle queren dicir é que os galegos e galegas non representamos nada. Por iso temos que cambialo e témonos que facer valer”, insiste o portavoz do BNG..

"Debemos poñer a Lugo no mapa das infraestruturas, despois de anos de abandono por parte do goberno do Estado e da Xunta de Galiza". Arroxo engadiu que se trata de "infraestruturas que dan mobilidade a todas as veciñas e veciños de Lugo e tamén ás mercadorías, o que permite fixar empresas e xerar emprego".

0.20100593566895