Arroxo demanda á Xunta que recoloque a desaparecida marquesiña de Castelo

LugoXa
Responsables do BNG acudiron ao barrio a reunirse cun grupo de veciñas para incidir na necesidade da marquesiña xunto a estrada de titularidade autonómica
castelo-marquisina
31 May 2025

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado do concelleiro responsábel de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, trasladou á Xunta de Galiza a reclamación da veciñanza de Castelo para volver a instalar a marquesiña do transporte público.

Rubén Arroxo asegurou que "se falaramos de unha infraestrutura de titularidade municipal o asunto xa estaría resolto e a marquesiña colocada como pide a veciñanza". Tratase dun ben propiedade da Xunta e a propia Lei 8/2013, de Estradas de Galiza, define como Dominio público viario ás estradas de titularidade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais de Galiza e os terreos ocupados polos elementos funcionais destas estradas. As marquesiñas son consideradas como un elemento funcional, polo que o seu mantemento corresponde tamén á Xunta de Galiza.
.
Penas explicou que "esta marquesiña foi instalada pola Xunta e a súa instalación corresponde a esta administración, malia que fose utilizada para o transporte urbano", explicou Alexandre Penas, que engadiu "quen a retirou foi a Xunta e trátase de que cada administración se faga cargo das súas responsabilidades, do mesmo xeito que o Goberno de Lugo habilita e asume o mantemento de paradas para o transporte interurbano onde é necesario".

"Seguimos traballando na ampliación do mobiliario urbano, escoitando sempre as solicitudes da veciñanza e buscando a mellora da imaxe da cidade", afirmou Arroxo, que engadiu "agardamos axilidade por parte da Xunta de Galiza á hora de asumir unha intervención da súa responsabilidade, garantindo que unha zona cunha ampla densidade de poboación non perda servizos".

⚙ Configurar cookies
0.17392110824585