Arroxo estuda con Cogami a accesibilidade de futuros proxectos
O tenente Alcalde do Concello de Lugo e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza xunto con integrantes de Cogami para analizar os pasos a dar en canto a accesibilidade nas vindeiras intervencións do Concello de Lugo. O Tenente Alcalde explicou que “desde o goberno de Lugo traballamos para construír unha cidade amable coas persoas baseada nunha mobilidade alternativa que permita ás veciñas e veciños deixar o coche na casa”.
“No proceso de transformación da cidade é preciso facilitar ao máximo a accesibilidade a todas as persoas con problemas de mobilidade”, declarou Rubén Arroxo.
Os concelleiros escoitaron as necesidades que desde Cogami se trasladaron para mellorar a accesibilidade en Lugo, e puxeron en común os proxectos que a área de Mobilidade está a planificar. “Na planificación dos proxectos sempre temos en conta cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible”, explicou Rubén Arroxo.