Arroxo pecha a campaña pedindo o voto para "garantir que Lugo se convirta nun lugar mellor"

LugoXa
Rubén Arroxo: “este domingo podemos facer historia, pídovos o voto para o BNG, que garante que Lugo avance e se convirta nun lugar mellor”
VOTO BNG CAMPANA FINAL
27 Maio 2023

O BNG pechou a campaña electoral cun acto na praza Anxo Fernández Gómez, no que interviron Iria Buide, número 6 da candidatura, Maite Ferreiro, número 2 da candidatura e actual concelleira de Cultura e Vicepresidenta da Deptuación e Rubén Arroxo, candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, quen afirmou que “este domingo podemos facer historia conseguir que Lugo continúe a avanzar cun goberno do BNG”.

Arroxo dirixiuse ás persoas que aínda non decidiron o seu voto, e afirmou que “un puñado de votos decidirán o futuro do concello, a aposta que desde o BNG xa iniciamos neste mandato, buscando un Lugo moderno e amable, ou a volta atrás que está a propoñer o Partido Popular”.

Rubén Arroxo apostou porque Lugo se converta "nun concello BNG", destacando o traballo xa iniciado desde a Tenencia de Alcaldía neste mandato. “Hai catro anos todo o mundo falaba da parálise de Lugo, algo que hoxe xa non se comenta, o que cambiou foi que o BNG entrou no goberno municipal e puxo o concello a funcionar”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “desde a tenencia de alcaldía, xestionando 5 áreas do goberno, cumprimos o 95% do noso programa, imaxinade o que seremos capaces de facer coa alcaldía”.

Arroxo destacou a “simpatía que sentimos durante toda a campaña na cidade e nas parroquias” e pediu “aproveitar este 28 de maio para marcar un novo rumbo no futuro de Lugo. “Este domingo abriremos un tempo novo en Lugo cun goberno do BNG”, declarou Arroxo, que engadiu “pídovos que este domingo votedes ao BNG, seguiremos traballando para darlle ao noso concello o cambio que merece”.

0.19543385505676