Arroxo reclama ao Ministerio de Transportes transparencia co ocorrido na A6
O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou á entrada do Pleno Municipal que o Ministerio de Transportes debe aclarar e ser transparente co acontecido no Viaducto do Castro, na A-6.
Nas declaracións, o portavoz do BNG afirmou que “Lugo continúa totalmente incomunicado, ao non contarmos con infraestruturas que nos comuniquen co resto do estado nin por estrada nin por ferrocarril, e seguimos sen un calendario claro para coñecer os prazos dos traballos de recuperación desta infraestrutura, necesaria para Lugo e para Galicia”.
Rubén Arroxo destacou, asemade, o traballo realizado polo BNG no Congreso, onde o deputado Néstor Rego, que onte conseguiu o compromiso da ministra para realizar unha auditoría de todas as infraestruturas similares nas autovías galegas. O portavoz do BNG reclamou ao ministerio unha solución mentres se leve a cabo a reparación do viaducto que non cause prexuízos para as persoas usuarias da vía.