Arroxo reclama que Lugo sexa incluído no Corredor Atlántico de Mercadorías
Rubén Arroxo vén de reclamar que Lugo sexa incluído dentro do Corredor Atlántico de Mercadorías da Unión Europea. Arroxo afirmou que incluír a Lugo dentro deste trazado “non só facilitará o transporte de mercadoría, senón que permitirá avanzar nunha renovación das infraestruturas ferroviarias que Lugo precisa desde hai moitos anos”.
“Lugo é a cidade peor conectada por en ferrocarril de Galicia”, afirmou Rubén Arroxo, que explicou que “a inclusión do trazado León-Monforte-Lugo-Betanzos-Coruña no trazado europeo sería o primeiro paso a dar para garantir que imos contar cunhas mellores conexións ferroviarias de Lugo, tanto para o transporte de mercadorías como para facilitar a mobilidade das persoas”.
Entre as reclamacións da campaña Lugo Quere Tren, posta en marcha polo BNG e que durante o 2022 mobilizou a milleiros de veciños e veciñas de Lugo, figuran a modernización da vía Lugo – Coruña, a conexión con Compostela e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos, "o que permitiría dar un paso adiante na conexión de Lugo co resto de Galiza", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "Lugo é a única cidade de Galicia que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela".