Artika Cía representará 'A Illa da deslembranza' este domingo no Gustavo Freire

LugoXa
Artika Cía pon en escena este domingo día 11 a partir das 18.
artika_cia
10 Feb 2024

Artika Cía pon en escena este domingo día 11 a partir das 18.30 no Gustavo Freire a súa obra familiar A Illa da deslembranza. O espectáculo, dirixido por Manuel Mansilla, está protagonizado por Fernanda Barrio, Rocío Salgado e Martín Maez. A peza pretende responder cuestións como onde terminan os recordos que non está ben atados e quen se encarga de levar da nosa mente todas esas historias vividas das que non nos acordamos.

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como ondas do mar e a súa mirada parece perderse nun océano profundo. A representación achega a dúbida de como Uxía, unha nena de dez anos, pode axudar a recuperar eses recordos ou, talvez, acabarán no esquecemento. A obra forma parte da programación do auditorio municipal para as crianzas como parte do primeiro semestre do ano. Está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos.

0.17907190322876