Artistas del Gremio e Renaldo & Clara actuarán o día 5 en San Froilán

LugoXa
O primeiro concerto será ás 21.00 horas e o segundo ás 23.00
artistas-del-gremio-san-froilan
18 Sep 2024

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, confirmou os concertos de Renaldo & Clara e Artistas del Gremio para este San Froilán 2024. A banda liderada pola guitarrista Clara Viñals terá o seu lugar na praza de Santa María o vindeiro sábado 5 de outubro, a partir das 21h. Maite Ferreiro destacou "as súas novas sonoridades, mantendo a delicadeza das súas composicións e unha lírica precisa e punzante".

Pola súa banda, o grupo Artista del Gremio actuará no mesmo día e lugar a partir das 23 horas e, segundo a concelleira de Cultura, “prometen un directo cheo de enerxía e moita interacción co público en clave de xogo e humor”. Maite Ferreiro insistiu en que “seguimos incorporando unha variedade de estilos musicais para crear unhas festas inclusivas, pensadas para todos os gustos, onde todas as linguas teñan o seu espazo e recoñecemento."

Renaldo & Clara será o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Praza de Santa María. O grupo liderado pola compositora, guitarrista e cantante Clara Viñals, publicou desde 2009 varios EP e os álbumes Fruits del teu bosc (reeditado no 2024), Els afores y L’amor fa calor.

No 2023 presenta La boca aigua, o seu cuarto álbum de estudo, mestura pop e cambios imaxinativos que fan que as cancións parezan ter dous estribillos á vez, ritmos de hip-hop antigo, arranxos fresquísimos e unhas letras envelenadas e exactas que nos falan de case todos os estadíos do amor.

O disco arranca onde acababa L’amor fa calor, gañador do premio MIN ao mellor disco en catalá do 2020, e cunha xira de verano que pasará por algún dos festivais máis importantes de Catalunya e do estado. O momento máis dulce de Renaldo & Clara e o seu disco máis brillante e aditivo. E continúa con La boca aigua gañador do premio MIN ao mellor disco en catalá do 2024.

O seu último lanzamento foi Nit Tropical, un reggaetón con arranxos marroquíes e influenzas da música raï e chaâbi, que conta coa colaboración do suizo-marroquí Sami Galbi e a gran promesa da música urbana hispano-marroquí Bendriss, misturando catalá e darija -o dialecto marroquí do árabe- nunha unión que fai subir termómetros e mareas.

Artistas del Gremio actuará o sábado 5 de outubro ás 23.00 horas na Praza de Santa María.

Artistas del Gremio é unha charanga, fanfarria ou brass band cunha proposta escénica baseada na musicalidade dos seus arranxos. Son quen de transformar calquera localización nun escenario, desde unha rúa ou praza ata un teatro, un bar ou unha sala de concertos.

Foron finalistas no programa de televisión Tú sí que vales, e foron galardoados en varias ocasións co premio e o recoñocemento á mellor charanga do estado. Gravaron catro álbums, varias bandas sonoras e colaboraron con músicos de prestixio do panorama musical do estado e internacional como Amparanoia, Ixo Rai, Juan Abarca, Boikot, Manolo Kabezabolo, Paco Pil, Rupatrupa, Los Gandules o Despistaos.

A súa música, a súa versatilidade e a universalidade da linguaxe musical permitiulles dar o salto internacional. Participado en festivais de renome como o Durham Brass Internacional Festival (Reino Unido) desde 2015, o Sibiu Internatonal Theatre Festival de Romanía, o Groningen Brass Experience e o Rapalje Zomerfolk Festival, ambos en Países Baixos. Tamén pasaron por Portugal grazas ao festival, Brass It, ou por Francia no Limoux Brass Festival, Les Moustoussades e Sol y Fiesta (Francia). Foron parte da programación especial de rúa do Festival Artes Vivas de Loja, Ecuador.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20652890205383