As acrobacias aéreas chegan a Fonsagrada
A Fonsagrada ofrece o vindeiro sábado 28 de agosto Máis alto aínda, un espectáculo de acrobacias aéreas e clown dirixido ao público familiar. A compañía que leva a cabo esta actuación é Desastronauts, un circo acrobático que impresiona aos seus espectadores.
O horario no que se realizará será ás 19 horas na pista vermella da Fonsagrada e terá unha duración de 45 minutos aproximadamente. O espectáculo trata dun home "estúpido" que intenta estar cunha muller forte, lista, atractiva e divertida. A loita frenética do home vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de abalo, cordas aéreas e un hula- hoop de lume. En Máis alto aínda, este par de acróbatas fai seu, adaptado, o lema clásico do circo máis difícil aínda, e lánzanse á conquista do aire cun espectáculo estreado con gran éxito na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas 2016.
Un espectáculo que impresionará a todo o público e que cumplirá cas medidas sanitarias correspondentes.