As andainas 'Mulleres con forza' volven o sábado a Lugo
A guía local Lidia de la Fuente será a encargada de dirixir esta nova camiñada, que se celebrará en dúas quendas, unha ás 10:00 horas e outra ás 12:00 horas. Sáese desde a Casa do Concello e duran ao redor dunha hora e media. Desde a organización lembran que é obrigatorio o uso da máscara durante toda a actividade.
Para a primeira sesión xa están cubertas todas as prazas, pero as persoas interesadas en participar na andaina das 12.00 horas poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 010, ou 982 297 350 no caso de chamar desde fóra de Lugo.