As Anpas da provincia de Lugo concentraranse na cidade para denuciar os recortes educativos

LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Baixo o lema A educación pública en pé, piden que se reduzan os recortes e máis compromiso por parte da Xunta nesta cuestión
conciliacion_aulas_abertas_lugo
6 sep 2024

Debido aos recortes que se efectuarán nos centros educativos de toda a provincia de Lugo para o próximo curso, a Fapacel xunto coas Anpas afectadas convocaron unha concentración para o vindeiro 10 de setembro ás 12.00 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo. Baixo o lema A educación pública en pé, piden que se reduzan os recortes e máis compromiso por parte da Xunta nesta cuestión.

O colectivo denuncia tamén a falta de interese por parte da Consellería de Educación para tentar solventar as deficiencias de recursos. Recentemente, a federación que agrupa a 102 asociacións da provincia asegura que, por parte da Educación, están a incumprirse os acordos asinados “no principio do ano para o“agrupamento” por aulas de alumnos de diferentes cursos e que tampouco se están respectando os cocientes establecidos para o número de matriculados por clase.

 

0.12827301025391