As asociacións Alcer e Alucem organizan catro roteiros solidarios en Lugo

LugoXa
Las Asociaciónes Alcer y Alucem organizan cuatro rutas solidarias por Lugo a lo largo del 2022 con la colaboración de Guido Guía.
roteiros alcer alucem
21 Xan 2022

As asociacións sen ánimo de lucro Alcer-Lugo e Alucem poñen en marcha a súa actividade “Catro estacións para todos en Lugo”. Esta iniciativa contará con catro rutas de solidarias accesibles por Lugo, estarán guiadas por Guido Álvarez Parga o cal realizará as rutas de maneira altruísta.

As rutas serán gratuítas tanto para os participantes que formen parte das asociacións como para o público en xeral.

A primeira ruta será a de inverno e terá lugar o 17 de febreiro ás 16.30 horas na Porta Falsa. A ruta de primavera será o 25 de novembro ás 16.30 horas na Porta de Santiago, o día 10 de agosto será a ruta de verán que comezará na Porta Miñá e, por último, a ruta de outono será o 10 de novembro ás 16.30 horas na Porta de San Pedro.

Alcer Lugo
É unha asociación sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constitúe na cidade de Lugo no ano 1981.

A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I. R. C.), ademais de prestar servizos e organizar actividades para mellorar a calidade de vida deste colectivo ao redor da súa problemática. Na actualidade conta con preto de 400 socios.

Alucem
A asociación foi creada, no ano 1996, por un grupo de persoas interesadas en coñecer máis a esclerose múltiple co fin de mellorar a investigación neste campo. Un dos obxectivos principais desta asociación é a de levar a cabo un proceso rehabilitador de todas as persoas afectadas de esclerose múltiple, así como mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple, adecuando os recursos á súa individualidade e a un estilo de vida activo.

0.17888402938843