As asociacións veciñais reclaman ao Concello de Lugo a limpeza de leiras abandonadas no Sagrado Corazón

LugoXa
Porta de Lugo e Lucus Augusti advirten do risco para a seguridade e a saúde pública pola proximidade destas parcelas a un colexio
leira-sen-limpar-Sagrado-Corazón-Lugo
17 Sep 2025

A Asociación Veciñal Porta de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo Lucus Augusti trasladaron á concellaría de Medio Ambiente a súa preocupación polo estado de abandono de varias leiras situadas no barrio do Sagrado Corazón, nas inmediacións do colexio homónimo.

As entidades achegaron fotografías que acreditan a situación e lembraron que o Concello xa abriu expedientes a propietarios de parcelas privadas da contorna. Con todo, solicitan que se insista e se intensifique o seguimento para garantir que se cumpra coa obriga de manter estes terreos en condicións adecuadas.

Segundo denuncian, a maleza e o descoido destas parcelas supoñen un risco para a seguridade e a salubridade pública, especialmente pola súa proximidade a un centro escolar. Por iso, consideran imprescindible que se adopten as medidas necesarias para que os titulares actúen con dilixencia e responsabilidade.

As asociacións veciñais instan ao Concello de Lugo a continuar coa supervisión e a esixir aos propietarios que manteñan ditos espazos limpos, co obxectivo de evitar perigos derivados do abandono.

⚙ Configurar cookies
0.10863709449768