As Aulas Abertas de Nadal de Lugo permitirán a conciliación das familias durante as vacacións

LugoXa
A iniciativa, dirixida a apoiar ás familias durante o período vacacional,  favorecerá a conciliación mediante actividades de animación sociocultural
Aulas-Abertas-Nadal-Lugo
7 Dec 2025

O programa de Aulas Abertas de Nadal do Concello de Lugo terá lugar nos centros de convivencia de Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín os días 22, 23 e 26 de decembro, e os días 29, 30 de decembro e 2 e 5 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

A iniciativa, dirixida a apoiar ás familias durante o período vacacional,  favorecerá a conciliación mediante actividades de animación sociocultural para nenas e nenos de entre 4 e 11 anos empadroados no municipio.

O programa oferta un total de 80 prazas, distribuídas en 20 por centro e por quenda, e establece criterios de prioridade para garantir que as familias con maiores necesidades poidan acceder ao servizo.

Terán preferencia aquelas unidades familiares con ingresos inferiores ao SMI, aquelas nas que ambos proxenitores se atopen en situación de alta laboral, as familias en situación de vulnerabilidade derivadas polos Servizos Sociais Comunitarios e as e os menores con discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que poidan participar adecuadamente nas actividades previstas.

O proceso de solicitude realizarase entre os días 9, 10 e 11 de decembro, nos propios centros de convivencia ou mediante os procedementos establecidos na Lei 39/2015, e as prazas adxudicaranse mediante sorteo público o 12 de decembro, salvo os casos derivados polos equipos sociais.

O Concello anima ás familias a participar neste programa, que se consolida como un dos servizos máis valorados do Nadal, e lembra que os listados de persoas admitidas provisionalmente se publicarán o 15 de decembro, procedéndose ao pago da cota os días 15, 16 e 17, e á comunicación da listaxe definitiva o 18 de decembro.

⚙ Configurar cookies
0.07844614982605