O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, anunciou que o Concello tramitará nun prazo de quince días as axudas aos hostaleiros afectados pola pandemia da covid-19, unha vez que liberaron a partida orzamentaria que se destinará ao mesmo.
Castro súmase así á lista de Concellos que ofrecerán unha aportación para intentar paliar os efectos económicos que tivo a crise sanitaria sobre este colectivo. Segundo explicou, o Concello xa ten consignada as axudas no orzamento e este entrou en vigor polo que o proceso iniciarase nos próximos días.
Balado avanzou que as axudas, directas, consistirán en 1.000 euros por local hostaleiro afectado polos peches entre os meses de novembro de 2020 e marzo deste.
O obxectivo é que respectando os prazos de solicitude as axudas podan estar todas entregadas antes de final de ano.