As bandas Sons e Soños e Alginet, de Valencia, ofrecen un concerto en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Será este sábado, 20 de xullo, ás 18.00 horas, na campa de Santa Isabel
banda-sinfonica-de-alginet
Banda sinfónica de Alginet
19 Xul 2024

Veñen de chegar a Lugo os 70 integrandes da Societat Artística Musical D´Alginet (Valencia), que o sábado actuarán xunto coa Banda Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei e Friol, nun intercambio cultural entre agrupacións musicais de Valencia e Galicia, propiciado polo Concello de Outeiro de Rei.

A Banda levantina acude a Galicia atraída pola circunstancia inédita na súa comunidade (tamén na nosa) dun proxecto cultural musical mancomunado da Asociación Músico Crisanto, que integra catro concellos do rural lugués.

Ata o luns, 22 de xullo, convivirán os membros das dúas agrupacións musicais, coñecendo a capital lucense e o noso rural, culminando esta experiencia cun concerto conxunto o sábado, 20 de xullo, ás 18,00 horas, na Campa de Santa Isabel de Outeiro de Rei.

A Banda de Alginet está acompañada por Ainoa González, concelleira de Cultura da localidade, oriúnda de Quiroga.

A agrupación valenciana, dirixida por Olga Clari, gañadora do Concurso de Dirección do Lugo Music Festival'23, interpretará: Torre Luengo, o poema sinfónico El mercat de la Vall, Piratas del Caribe en el fin del mundo, e o pasodoble Pepita Greus, a máis coñecida peza do seu repertorio. Sons e Soños, que dirixe Armando Morales, interpretará Enrique López, Quen puidera namorala, Es duro decir lo siento, Grace Kelly e Minnie a vagabunda.

O concerto é publico invitándose de xeito especial aos que desexen escoitar un interesante concerto, á vez que participan nun encontro de irmandade entre os compoñentes de dúas bandas de música de gran arraigo e destacada traxectoria.

No caso de que as condicións atmosféricas non permitiran a celebración do Concerto da tarde do sábado, na Campa de Santa Sabela de Outeiro de Rei, o concerto celebraríase no MIHL.

0.1870858669281