As cadetes do Emevé logran o cuarto título de campión galego deste ano para o club
O Emevé sumou esta fin de semana outro título máis de campión da liga galega. Nesta ocasión foron as cadetes as que se fixeron co título logo de vencer ao Coruña na final por un apertadísimo 3-2.
O partido definitivo tivo lugar no pavillón Manuel Coto Ferreiro, como o resto de categorías. O título súmase deste modo aos das categorías júnior, xuvenil e infantil femininas obtidos a pasada semana.
Ademais, hai que sumar as tres pratas que lograron na masculina, tamén nas tres categorías. En cadete, o equipo non chegou á final.
Queda pendente por disputarse a final masculina alevín, na que o Emevé se enfrontará ao voleiourense. Na feminina non chegaron á final.
Os equipos de base disputarán deste xeito os distintos campionatos de España, durante os meses de maio e xuño.
O club avanzou que iniciarán o curso dunha forma diferente no mes de setembro, xa que eñen previsto un orneo no que competirán con patrocinadores, representantes institucionais, profesionais dos medios de comunicación e afeccionados. A data aínda está sen decidir pero a idea está aí.