As casas neno A Casiña da Árbore e A Brétema do Miño de Portomarín abriron o prazo de inscrición

As casas neno A Casiña da Árbore e A Brétema do Miño, situadas en Portomarín, abriron o prazo de inscricións para o curso 2025/2026 desde o 17 de marzo ata o 31 de marzo.
Este servizo, totalmente gratuito para as familias, está financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Feder, e ofrece unha atención de calidade para os máis pequenos do municipio.
As casas neno están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos, con un horario de 8 horas de luns a venres. Terán prioridade de acceso os nenos empadroados en Portomarín, a non ser que non se cubran todas as prazas, no cal caso poderán acceder tamén nenos de concellos limítrofes onde non existan recursos similares de atención á infancia.
Para formalizar a inscrición, será obrigatorio presentar a acreditación do calendario de vacinación infantil.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda presentar as solicitudes canto antes para non perder a oportunidade de acceso a un servizo de calidade no rural.
Para máis información ou para realizar a inscrición, as familias poden contactar cos seguintes números de teléfono das casas neno:
- A Casiña da Árbore (Tamara): 636.666.434
- A Brétema do Miño (Eva): 617.743.642